Esta semana sóubose do peche das negociacións polos dereitos das retransmisións de La Liga e da Copa ara os vindeiros tres anos por parte de varios operadores de telecomunicacións, de xeito que complétase un cadro no que saen Movistar, Vodafone, Orange e Telecable, e tras a incorporación da cableira asturiana chega a dúbida de se en Galicia R tamén apostará polo fútbol facéndose cos dereitos da nova canle beIN Sports LaLiga, pero unha entrevista a Alberto García Erauzkin publicada por La Voz de Galicia lévanos a pensar o peor, xa que o responsable da compañía de cable que opera en Galicia asegura que “o pagamento dos dereitos está desmandado. Por iso está desbotado”.
Segundo García Erauzkin o fútbol era un servizo contratado por menos do 5% dos seus usuarios, e tras non contar con el na súa oferta audiovisual só perderon o 1% dos clientes, polo que parece compensarlles prescindir dun servizo que podería custarlles uns 13 millóns ao ano (e ingresar só uns 3 millóns).
R prescindirá do fútbol os vindeiros anos
Compartir Este Artigo
