Tras numerosos ruxerruxes, o grupo francés Vente-Privée confirma a compra do total do capital de Privalia, o outlet en liña máis importante de España, cunha facturación superior aos 400 millóns de euros, á vez que tamén se fixo coa maioría das participacións de Eboutic.ch, de xeito que o grupo galo conseguiría crear un xigante do comercio electrónico de 2.500 millóns de euros.
O presidente e cofundador de Vente-Privée, Jacques-Antoine Granjon, asegurou que “con estas operacións esperamos que o noso negocio internacional medre ata o 40%”, mentres que os fundadores de Privalia, agora sen participación accionarial na empresa, aseguran que van conservar o seu posto no equipo directivo.
Está previsto que Privalia conserve a súa marca e estrutura independente de Vente-privee.com, xa que o grupo pode beneficiarse do crecemento das distintas divisións, e a compañía española continuará a xestionar de xeito autónomo as súas operacións en Brasil e México.
Está previsto que a operación de integración das compañías finalice en tres meses.
Vente-Privée compra Privalia
Compartir Este Artigo
