A AMTEGA e o IGAPE organizan o vindeiro xoves, 21 de abril, unha sesión técnica de información sobre o proceso de contratación de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 para a súa posterior realización en empresas galegas, no marco do programa ReAcciona TIC.
Neste encontro, que se celebrará no Centro Demostrador TIC a partir das 9:30 horas, as empresas licitantes poderán resolver dúbidas vinculadas co procedemento da licitación, os servizos a prestar, así como calquera aclaración que estimen pertinente para poder presentar as súas ofertas. A licitación, cuxo orzamento total ascende a máis de 2,3 millóns de euros, publicouse o pasado 23 de marzo na Plataforma de Contratación da Xunta de Galicia, e o prazo para a presentación de ofertas remata o vindeiro 11 de maio de 2016.
Para asistir a esta sesión informativa, aberta ás empresas interesadas en licitar, será necesario reservar praza mediante o envío dun correo electrónico no que conste o nome da empresa, as persoas que van asistir (nome, DNI, cargo e enderezo de correo electrónico) e un teléfono de contacto a igape-competitividade@igape.es.
Do mesmo xeito, os que non poidan asistir á sesión poderán seguila a través de streaming na páxina web do CDTIC, e deberán indicalo no correo electrónico de reserva.
O CDTIC acolle unha sesión informativa sobre o proceso de contratación de servizos orientados á Empresa Dixital e á Industria 4.0
Compartir Este Artigo

