
Indo ao enxeño en cuestión, cómpre dicir que xa se atopa pronto para o seu uso, é escalable, funciona en tempo real, co que os tempos de espera son inexistentes e amais permite procesar calquera tipo de dato que soliciten as autoridades e que as liñas aéreas inclúan nas súas listaxes. Control de pasaxeiros ao marxe, este sistema tamén podería ter outras aplicacións, como que dúas empresas comproben se teñen un cliente común sen desvelar as súas respectivas carteiras ou para protexerse de posibles fraudes.
Emporiso, o cifrado das listaxes que manexan as compañías aéreas e os estados membros sería diferente e renovada en cada voo, o que contribuiría aínda máis á seguridade de todo o sistema. “Trátase dunha comparación a cegas dos datos que se intercambian” explica Pablo Dago, “polo que nin sequera precisa a confianza mutua no bo uso do sistema, que habitualmente é o isto máis feble dentro dunha cadea de seguridade”. O investigador de Gradiant sinala que ao final só a aeroliña saberá que na súa listaxe de pasaxeiros hai un sospeitoso, e a policía, que sospeitoso é, en concreto. “Se non existen coincidencias, entón non haberá información que saia do sistema, só se intercambiarán unha serie de bits sen significado aparente, o que tamén protexe o sistema de posibles ataques de piratas informáticos”, sinala Dago.
Gradiant e AtlantTIC elaboran un prototipo para salvagardar aos pasaxeiros das aeroliñas respectando a súa privacidade
Compartir Este Artigo

