A retransmisión en directo de actos violentos está a converterse en todo un problema para as ferramentas de vídeo en vivo dende o móbil, e na xornada de onte tivemos un novo caso que está a reavivar a polémica, xa que a xustiza francesa está a investigar formalmente o caso dunha moza de 19 anos que supostamente se arroxou ás vías dun tren en Égly (París) mentres se gravaba en Periscope e, aínda que a gravación non se mantén neste servizo, circulan numerosas copias en YouTube, de xeito que poden verse dende as declaracións anteriores da falecida (asegurando estar moi afectada por unha violación da que culpaba ao seu anterior mozo) ata que os bombeiros recuperan o smartphone da vía.
Ao parecer chegaron a xuntarse máis de 1.000 espectadores para saber o que acontecía no vídeo durante a súa retransmisións, alertando un dos mesmos á policía, que non puido evitar a traxedia. As autoridades están a procurar a retirada dos contidos da Rede (xa que afectan tanto á dignidade da falecida como á persoa á que acusa dun grave delito), o que resulta practicamente imposible, xa que están a volver a compartirse de xeito reiterado. Temos aquí un caso máis no que resulta difícil trazar a liña que separa o que pode ou non publicarse na Rede.
Investigan en Francia un suicidio retransmitido por Periscope
Compartir Este Artigo
