Non só Facebook integra cada vez máis contidos na súa aplicación móbil para evitar que os seus usuarios a deixen, senón que YouTube tamén está a perseguir o mesmo obxectivo, e agora, para facilitar que os usuarios se manteñan en YouTube o maior tempo posible, están a traballar na incorporación dun sistema de chats dentro de YouTube, no que poderiamos compartir vídeos cos amigos, o que sería un método bastante bo para reter usuario, xa que non habería que recorrer ás nosas redes sociais habituais para compatir un vídeo.
O chat de YouTube eliminaría a necesidade de copiar e pegar unha ligazón a un vídeo nun e-mail, en WhatsApp ou noutras plataformas, buscando que se compartan os vídeos directamente na aplicación móbil de YouTube, o que dende onte pode facer un reducido grupo de usuarios entre os que están a probar a nova funcionalidade. Deste xeito os usuarios poden conversar sobre un vídeo dende a aplicación móbil e incluso responder con outro vídeo, manténdose tal conversa nunha nova pestana dentro da aplicación.
Con esta novidade espérase que YouTube cativar aínda máis aos seus usuarios, aos que actualmente xa ten pendentes en cada sesión móbil unha medida de 40 minutos. De feito, YouTube no móbil nos EE.UU. xa tería máis público de entre 18 e 49 anos que calquera plataforma de televisión por cable.
YouTube está a integrar un chat na súa aplicación móbil
Compartir Este Artigo
