Microsoft anunciou hoxe que pechou un acordo con FIH Mobile, subsidiaria de Foxconn, para a venda da súa división de teléfonos básicos da marca Nokia por 350 millóns de dólares e, como parte do acordo, FIH Mobile farase tamén con Microsoft Mobile Vietnam (fábrica instalada e Hanoi). Co peche desta operación uns 4.500 empregados poderían transferirse á entidade compradora.
Con esta operación Microsoft pretende transferir todos os seus activos dentro do negocio dos teléfonos non smartphone, para o que deberán agardar á aprobación das entidades regulatorias (polo que a compra debería pecharse na segunda metade do ano) á vez que manifesta a súa intención de manter o desenvolvemento de Windows 10 para móbiles e continuar o soporte dos smartphones Lumia e doutros fabricantes (como Acer, Alcatel, HP, Trinity e VAIO).
Microsoft vende a súa división de teléfonos básicos
Compartir Este Artigo
