
Segundo fan saber dende Optare Ventures, a nova firma xa está plenamente operativa: xa forneceu investimento á tamén galega SetPay (tecnoloxías avanzadas para facilitar o pagamento mediante tarxetas bancarias en mobilidade) e a previsión é facer o mesmo con dúas firmas máis antes de que remate 2016. Os proxectos a impulsar serán do ámbito das novas tecnoloxías, aínda que non se desbota a elección de iniciativas doutros sectores.
O punto de partida de Optare Ventures é un capital de base de 200.000 euros. Os orzamentos dispoñibles incrementaranse pola propia actividade da firma e pola vontade da consultora matriz de reservar unha parte dos seus beneficios para esta liña de actividade de investimento. A metodoloxía a empregar será a de fomentar a colaboración. De feito, a idea é compartir espazo na sede de Vigo cos proxectos impulsados con capital semente, favorecendo que o espírito innovador e o talento beneficien todas as frontes e alenten máis espírito innovador e máis talento.
Optare Solutions aposta polo emprendemento baixo a fórmula do capital semente
Compartir Este Artigo

