O 10 de xuño remata o prazo de inscrición para as Lanzadeiras de Emprego da Fundación Telefónica. Como lembraremos, trátase dunha iniciativa para mozas e mozos en desemprego de Santiago de Compostela, Lugo, Arteixo, Marín e Redondela, achegándolles a posibilidade de adestrárense na procura de traballo en equipo, “con novas ferramentas acordes ao mercado laboral actual, con visitas a empresas e con novas posibilidades de inserción”, sinalan os organizadores, unha alianza integrada pola dita operadora de telecomunicacións, a Fundación Santa María A Real e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, co co-financiamento do Fondo Social Europeo.
Estas cinco lanzadeiras, engaden as ditas entidades, representan unha nova estratexia público-privada na loita contra o desemprego. A idea é que sirvan para axudar a 125 mozos desempregados (con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos).
O mozos que estean interesados en participar nas Lanzadeiras de Santiago de Compostela, Lugo, Marín, Redondela e Arteixo dispoñen polo tanto ata o 10 de xuño para formalizar a súa inscrición en liña ou de xeito presencial, nas dependencias que han habilitados pola Consellería e os concellos (podemos atopar os enderezos concretos na páxina web das lanzadeiras). A Fundación Telefónica e a Fundación Santa María a Real, coa colaboración do Fondo Social Europeo, están a por en marcha outras 140 lanzadeiras no territorio español.
Telefónica lembra que o prazo de inscrición para as Lanzadeiras de Emprego entra na recta final
Compartir Este Artigo

