Dende a chegada ao mercado da marca OnePlus son moitos os interesados en facerse cun smartphone de altas prestacións a un prezo axustado, pero a compra dos seus terminais inicialmente resultaba complicada, con listaxes de espera e pedidos directos ao fabricante, cos atrancos que supón mercar a unha compañía de fóra de Europa, eiva que pouco a pouco vai superándose e agora xa podemos facernos co OnePlus 2 de 64 GB a través da tenda británica de Amazon, onde está á venda por 249 libras esterlinas, de xeito que podemos facernos un destes teléfonos dende España por 347,85 euros.
O fabricante chinés anuncia que tamén venderá o seu máis pequeno OnePlus X a través de Amazon.co.uk e incluso prevé vender os seus terminais aos EE.UU. a través de Amazon.com nun breve prazo de tempo. Estas medidas deberían de mellorar substancialmente as vendas dos terminais de OnePlus dada a garantía que achegan as compras xestionadas por Amazon.
OnePlus comeza a vender os seus móbiles a través de Amazon.co.uk
Compartir Este Artigo
