Aínda que as loterías están ligadas tradicionalmente a billetes de participación físicos e o público ofrece certa resistencia á dixitalización das súas apostas, hai novas que poden levar a moitos a mudar de opinión, como o feito de que o sorteo de EuroMillones da semana pasada, un terceiro premio de 85.993,19 euros correspondeu á administración de lotaría nº 1 de Onil (Alicante), unha das 26 administracións asociadas a TuLotero. Pero o santanderino gañador do premio non se desprazou á administración alacantina, senón que validou o seu boleto a través da aplicación de TuLotero, de xeito que poderiamos estar ante o meirande premio de lotaría dado a través dunha aplicación móbil.
O gañador recoñeceu estar moi sorprendido, xa que admite habitualmente xoga os mesmos números, e desta volta marcara unha aposta aleatoria, véndose gratamente sorprendido ao ver que atinara 5 números, o que permitiralle rematar de pagar a hipoteca e celebrar que recibiu un grande premio por primeira vez.
Para apostar dende o móbil a través de TuLotero podemos instalar a aplicación para iOS dende a App Store, ou instalar o seu APK en smartphones para Android (aseguran non ter a aplicación en Google Play por rexeitar tal plataforma as aplicacións de lotaría nas que poidan realizarse apostas).
Un terceiro premio de EuroMillones validouse a través dunha aplicación móbil
Compartir Este Artigo
