Tras o éxito da primeira edición de Coruña Bloggers, o vindeiro día 29 o Bergin After Work volverá ser escenario deste encontro de blogueiros coruñeses que arrincará ás 19:30 horas, sendo a súa asistencia de balde, aínda que prégase aos asistentes que acheguen como mínimo un quilo de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica e inscríbanse en liña antes de acudir ao evento.
A sesión comezará con Sergio Castelo, consultor en SEO de Zara.com, encargado entre outras cuestións en elaborar hipóteses e crear campañas de testing aplicadas á web para mellorar a conversión, a usabilidade e a experiencia de usuario, quen asegura que non impartirá unha charla, senón que desenvolverá unha actividade máis práctica, que comezará cunha análise dos elementos máis importantes dende o punto de vista do SEO dunha páxina web (durante uns 10 minutos) para responder logo as preguntas sobre SEO que fagan os asistentes.
A continuación, Javier Pedreira Wicho, un dos creadores de Microsiervos, falará de como montar un blog de éxito sen saber como o fixeches, ou sexa, que narrará a súa experiencia como autor dun dos blogs de maior éxito a nivel europeo.
Entre os asistentes sortearanse 2 regretas con forma de cubo por cortesía de Opirata e 2 zonas VIP no local onde se celebra o encontro.
Sergio Castelo e Wicho protagonizarán a segunda edición de Coruña Bloggers
Compartir Este Artigo
