
Indo ao miolo da iniciativa ICT-Go-Girls! (Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT), estamos perante unha proposta Comenius Multilateral dirixida pola área de ensino a distancia do CESGA e no que participou o Grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC xunto con outras cinco institucións europeas.
Trátase das entidades Die Berater e Universidade do Danubio (Austria), Fraunhoffer IAO (Alemaña), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), e CVO Antwerpen (Bélxica).
O equipo da USC, liderado polas profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen F. Morante, desenvolveu unha metodoloxía educativa para levar a cabo nas aulas dos primeiros anos de educación secundaria permitindo traballar de xeito máis motivador as TIC e acadar un meirande interese e coñecemento na elección de carreiras tecnolóxicas por parte das alumnas de secundaria. Como ferramenta para o desenvolvemento desta metodoloxía, o CESGA deseñou e introduciu unha contorna virtual social baseada en software libre a través da cal se testou a proposta. Ambos recursos están dispoñibles no web do proxecto.
ICT-Go-Girls!, referente europeo no fomento de vocación TIC entre as mozas
Compartir Este Artigo

