O Consello de Dereitos Humanos da ONU vén de adoptar unha resolución relativa á promoción, a protección e o goce dos dereitos humanos na Internet promovida por Brasil, Nixeria, Suecia, Tunisia e EE.UU. co apoio total de máis de 70 estados e rexeitando os intentos de Rusia e China para relaxar a defensa do acceso á Internet como un dereito humano.
O que pretenden dende Nacións Unidas é que o tratamento das liberdades na Rede sexa igual que no mundo real, de xeito que poida protexerse a liberdade de expresión e outros dereitos humanos na Internet. Así instaríase á liberación dos presos por expresar a súa opinión na Rede, investigaríanse os ataques a bloqueiros e outros usuarios da Internet, rexeitaríase o bloqueo do acceso total ou parcial á Rede (o que algúns estados están a facer ante crises políticas ou sociais, vulnerando así o dereito á información dos cidadáns) e incluso, dentro da aproximación máis humana ao asunto, animaríase a emprender medidas para evitar a fenda dixital de sexo que existe na Rede, á vez que se promovería o acceso á Internet entre persoas con discapacidades.
A ONU condena os ataques aos dereitos humanos na Internet e os bloqueos de acceso á Rede por parte dos estados
Compartir Este Artigo
