
Segundo amplía o Concello, “a nova aplicación informática mellorará de maneira substancial a actualización da xestión tributaria e, ademais, servirá para poder aplicar na súa totalidade en 2017 todas as opcións de pago personalizado de tributos que se establecen na ordenanza xeral de recadación que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro”.
O obxectivo deste Plan de Pago Personalizado é, de feito, facilitar o pagamento aos contribuíntes “para que poidan axustar o ritmo de pago as súas dispoñibilidades, en especial ás familias e persoas con dificultades económicas e, ao mesmo tempo dar periodicidade aos ingresos do Concello”, sinalou a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, que avanzou que o ano vindeiro, xa coa integración total da dita ferramenta, esta nova forma de pago poderase ampliar ao resto de gravames de vencemento periódico, como son o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) e as taxas de lixo e vados.
A Coruña porá en marcha o luns a súa nova aplicación de xestión tributaria
Compartir Este Artigo

