A Fundación TIC da Deputación de Lugo vén de obter unha nova distinción ao seu labor. Máis en concreto, o recoñecemento veu de de mans dos organizadores do Desafío Volta a Lugo pola “contribución da entidade á promoción da proba cicloturista”. O patrón da Fundación TIC, Álvaro Santos, agradeceu o agasallo, unha placa de metacrilato cunha inscrición e o emblema do Desafío, que recibiu de mans do presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas e o director da competición, Santiago Seijas. A entrega tivo lugar este martes, nas instalacións do Centro de Produción de Programas da TIC. Con este galardón quíxose visualizar o ao apoio da Fundación ao evento deportivo, un apoio que vén de anos atrás e que se ten materializado na realización de pezas audiovisuais para promover a competición na Internet e, sobre todo, nas redes sociais.
Segundo fixo saber a Deputación, o Desafío Volta a Lugo é “unha proba pioneira na nosa terra, ao ser a primeira por etapas que se celebra en Galicia, e unha das poucas deste tipo no resto da Península”.
A Fundación TIC, premiada pola difusión do Desafío Volta a Lugo
Compartir Este Artigo
