O Centro Tecnolóxico Gradiant é dende hai tempo un referente en materia de tecnoloxía biométrica, que é un ámbito de investigación e desenvolvemento centrado en facilitar a identificación dunha persoa (incrementando a seguridade e a comodidade neste labor de recoñecemento) a través de características ou acenos propios de seu, ben sexan pegadas dixitais ou trazos faciais. Ou, tamén, a través dos xeitos intransferibles e propios de escribirmos o noso nome. Nesta última liña insírese precisamente Graciant Signature, unha tecnoloxía do centro tecnolóxico galego que abrangue que permite o recoñecemento da nosa sinatura manuscrita dinámica. Gradiant Signature abrangue un conxunto de bibliotecas prontas para a súa integración en plataformas móbiles e en arquitecturas cliente-servidor.
Segundo informa o centro tecnolóxico, trátase dunha tecnoloxía deseñada especialmente para integradores de sistemas biométricos e para desenvolvedores de aplicacións que queiran dotar aos seus sistemas de capacidades de sinatura biométrica. Nun plano máis concreto e máis técnico, combina técnicas do estado da arte en procesado de sinal, recoñecemento de patróns e aprendizaxe de máquinas (machine learning), e todo co obxectivo de “proporcionar un sistema de recoñecemento automático de sinaturas manuscritas dinámicas en smartphones, tabletas e tabletas capturadoras de firmas”.
Gradiant tamén salienta que a devandita tecnoloxía, debido ao seu potencial e capacidades de aplicación en múltiples ámbitos, foi premiada a nivel internacional polas “súas excelentes taxas de verificación”.
Ademais, entre as súas características principais figuran a posibilidade de accedermos a diferentes niveis de seguridade configurables, a capacidade para detectar sinaturas doadas de falsificar e facer análises de coherencia de persoais, ou a súa potencialidade para adaptarse a distintos escenarios, como transaccións financeiras e de seguros, asistencia sanitaria ou seguridade documental.
A maiores, é unha tecnoloxía multiplataforma (Windows, Linux, Android, iOS e arquitecturas cliente/servidor) con ampla marxe de interacción con outras tecnoloxías biométricas de Gradiant (como os seus recursos avanzados de recoñecemento facial ou de recoñecemento de locutor, cos que se melloran de maneira significativa a dispoñibilidade, a comodidade e a seguridade dos sistemas de verificación). Signature, a maiores, integra varios módulos co obxectivo de ofrecer “unha solución de autenticación móbil completa”. Estes módulos son:
· Módulos de captura para dispositivos móbiles.
· Módulo de análise de seguridade de sinatura (realiza unha análise de complexidade da rúbrica manuscrita para evitar firmas doadas de falsificar, analizando tamén a coherencia do persoal en rexistro a partir dun número determinado de firmas).
· Módulo de xeración de persoais de sinatura (creación de persoais mediante unha ou varias firmas).
· Módulo de verificación da rúbrica dun usuario contra o seu persoal previamente xerado (autoría da firma).
Gradiant fornece unha completa tecnoloxía de recoñecemento de sinatura manuscrita
Compartir Este Artigo

