Cando dende Facebook adquiriron Instagram e WhatsApp estaba claro que a compañía de Mark Zuckerberg quería mellorar a súa posición móbil, onde tiñan serios problemas para captar usuarios, e finalmente parece que conseguiron levar polo rego ás súas plataformas principais, e a ferramenta de comunicación Messenger conseguiu consolidarse, especialmente en mercados onde WhatsApp ten pouco uso (como o norteamericano) de xeito que serve tanto para conversar, xogar ou incluso enviar pagamentos, medrando cun ritmo bastante bo que vén de marcar un fito histórico: superar os 1.000 millóns de usuarios activos.
Lembremos que o pasado mes de febreiro WhatsApp superaba os 1.000 millóns de usuarios activos, e o feito de que en tan poucos meses o Messenger fixera tal indicaría que se acurtaron moitos as distancias entre ambas plataformas, que parecen estar moi cómodas con seu funcionamento por separado, de xeito que son competidores cordiais, que trunfan en cadanseu mercado, pese a compartiren propietarios.
O Messenger de Facebook supera os 1.000 millóns de usuarios activos
Compartir Este Artigo
