O Concello de Brión, a través da área de formación do seu Espazo Tecnolóxico, oferta a toda a cidadanía unha acción formativa dirixida á adquisición de competencias no manexo de drons. O curso, de 30 horas lectivas, desenvolverase o vindeiro mes de outubro da man dos expertos da firma galega Meudron. Malia todo, xa se pode facer a preinscrición que na Casa da Cultura de Brión, na Aula CeMit brionesa ou chamando ao 981 509 908.
O curso celebrarase na Aula CeMit de Brión e o temario incluirá lexislación, posibilidades de negocio, manexo operativo dos dispositivos, prácticas de montaxe e compoñentes. Haberá, amais, unha vertente práctica con actividades reais de voo con estes aparellos non tripulados. O curso, como dixemos, será impartido técnicos da empresa Meudron SL, especialistas en servizos e solucións baseados na tecnoloxía de drons. Por certo que da firma Meudron falamos recentemente con motivo da súa actividade innovadora, achegando servizos e solucións a empresas, institucións públicas e persoas que precisen a tecnoloxía dos devanditos aparellos non tripulados.
Segundo lembra o Concello de Brión, os drons son aeronaves non tripuladas manexadas por radio control, de diferentes tamaños, que teñen diversas aplicacións en ámbitos como a agricultura, a cartografía e topografía, o medio ambiente, o mantemento de instalacións, a fotografía, o cine, a televisión, etc. “A gran vantaxe destes dispositivos é a seguridade que ofrecen para acceder a zonas de complicado acceso, con axilidade e sen poñer en perigo ningunha tripulación”, explican os organizadores do curso.
Brión organiza un curso de manexo de drons
Compartir Este Artigo

