Tras a grande polémica da tempada pasada para facerse cos dereitos televisivos do fútbol, desta volta non haberá tantos problemas para saber a oferta audiovisual de cada compañía de cara ao vindeiro curso, e os operadores comezan a amosar as súas cartas, sendo unha das primeiras compañías en lanzarse á caza de novos clientes Vodafone, que lanza hoxe a súa nova oferta Vodafone One Restauración dirixida a hoteis, restaurantes e cafeterías.
Estamos ante un servizo converxente que inclúe liña móbil con chamadas ilimitadas e 3 GB de datos, banda larga a 120 Mbps, 80 canles temáticas de televisión, todos os partidos televisados de Primeira División, Segunda División e Copa do Rei, todos os partidos de competicións europeas como UEFA Champions League e UEFA Europa League, outras competicións internacionais (a League 1 francesa, a Serie A italiana, a Jupiler Pro League, a Copa Holandesa, a Copa Libertadores ou a Copa Alemá), numerosas competicións a través de Eurosports 1 e 2 (como os Grand Slams de tenis, o Tour de Francia ou as 24 horas de Le Mans) a un prezo de 304,95 euros/mes en zonas con cobertura de fibra óptica (aínda que tamén estará dispoñible para clientes con acceso a redes DSL).
Dende Vodafone aseguran que os locais de hostalaría que ofrecen eventos deportivos poden atraer ata 2 veces máis clientes e impulsar o consumo de bebidas, podendo así aumentar a recadación ata un 40%, polo que trátase dun investimento a ter moi en conta.
Vodafone anuncia a súa oferta converxente para bares con todo o fútbol
Compartir Este Artigo
