Durante a celebración en Los Angeles da VRLA Summer Expo 2016, a compañía que ofrece actualmente a solución comercial de realidade virtual máis completa, HTC, anunciou que están a preparar Viveport, un servizo que achega os últimos e mellores contidos e experiencias en realidade virtual, repartindo todo este material en categorías (información, educación, redes sociais, vídeo en 360 graos, novas, deportes, saúde, viaxes e compras).
Esta nova plataforma abrirase en poucas semanas a desenvolvedores, que poderán ofrecer as súas creacións ao público interesado en todo este fenómeno emerxente que terá aquí un enorme escaparate, onde tamén será posible comercializar estes contidos, á vez que buscarán conseguir unha conexión máis estreita e a longo prazo entre desenvolvedores e consumidores.
Até o momento HTC Vive goza de creacións de milleiros de desenvolvedores de todo o mundo, pero a través de Viveport confían que todos os creadores de contidos de realidade virtual atopen incentivos para a creación de grandes contidos ante a posibilidade de recibir contraprestación económica polo traballo, que é un dos alicerces que ten que coidar todo este novo segmento de contidos se quere dar pé a experiencias de calidade que contribúan á captación de usuarios para facilitar a súa futura evolución.
A proposta de Viveport podería compararse co da App Store de Apple (de feito, empregará a mesma estrutura de reparto económico entre plataforma e desenvolvedores), pero orientada á realidade virtual dun xeito amplo, o que podería facerlle gañar unha posición privilexiada nun mercado con tanto potencial.
HTC prepara unha tenda de contidos de realidade virtual
Compartir Este Artigo
