Hai un par de anos, o fundador de Diapers.com (compañía de venda de cueiros e outros produtos para bebés adquirida por Amazon.com), Marc Lore, quixo continuar a innovar no comercio electrónico e creou Jet.com, unha tenda en liña que apostaba por unha estrutura de prezos na que instábase aos consumidores a adquirir máis elementos dunha vez e a mercar produtos situados no mesmo centro de distribución, facendo que á compañía resultase máis económico preparar os envíos, á vez que tamén se instaba aos usuarios (a través de incentivos) a engadir produtos en función da súa cesta da compra actual, así como outras moitas opcións para conseguir que o cliente puidese aforrar cartos (en contraposición á estrutura de compañías como Amazon, que buscan reducir os tempos de envío), o que converteuse en todo un éxito, especialmente para a compra de produtos para o fogar, pero o feito de que a compañía aínda sexa moi nova e non acadase un tamaño xigante fixo que chegase a un acordo de compra por parte da cadea de tendas Walmart, que pagará uns 3.000 millóns de dólares en efectivo (aínda que non de vez) e outros 300 millóns de dólares en accións de Walmart, o que debería permitir ao xigante do comercio tradicional mellorar a súa posición no sector do comercio electrónico e mellorar o seu achegamento aos consumidores.
Dende Walmart cren que a adquisición de Jet.com pode axudalos a explorar novos xeitos de conseguir unha experiencia de compra máis próxima aos gustos dos clientes, algo que dende Jet conseguiron facer en un tempo realmente curto, de aí que dende Walmart estean máis interesados en facerse con ese coñecemento do negocio que en competir con ese tipo de compañías máis áxiles na Rede.
Polo momento Walmart e Jet manterán marcas separadas, de xeito que espérase que Walmart.com manteña a súa estratexia comercial habitual, mentres que a orixinal estrutura de prezos de Jet manterase na súa tenda en liña; pero ambas compañías colaborarán na creación de novas solucións innovadoras de cara ao futuro para facilitar que os seus clientes poidan aforrar tempo e diñeiro.
Walmart pagará uns 3.300 millóns de dólares por Jet.com
Compartir Este Artigo
