Dende hoxe e ata o 31 de agosto Movistar ofrece aos seus clientes (novos e antigos) de Fusión+, Fusión+2 e Fusión+ 4 a posibilidade de gozar do paquete Premium Extra sen custo adicional durante dous meses, contribuíndo así a divulgar a súa oferta audiovisual e, moi especialmente, a oferta deportiva, de cara á súa contratación futura.
O paquete Premium Extra inclúe todo o fútbol, as series, o cine, o motor, os deportes e o contido familiar (canles infantís, documentais, música, moda…) e as canles á carta Mezzo, Clásica Playboy TV e Caza y Pesca. Adicionalmente tamén inclúe o servizo U7D (para poder ver en calquera momento os últimos 7 días da programación de todas as canles), ver sen conexión (permite a descarga de películas e series de televisión para poder velos cando non se teña acceso á Rede), servizo de gravacións en rede, a posibilidade de ver 6 sinais simultáneos en mosaico, pausa en directo e tamén o servizo multiplantalla para poder ver Movistar+ cando e onde se queira.
Movistar ofrece o seu paquete Premium Extra de balde durante 2 meses
Compartir Este Artigo
