Un dos fenómenos socioculturais de maior impacto nos últimos anos, que empregaba a Rede como ferramenta de difusión, é sen dúbida o bookcrossing, que consiste en deixar libros en lugares públicos para que os colla calquera persoa sen medo, e os lea para despois volver deixalos a disposición do público, convertendo así certas zonas en bibliotecas públicas informais, pero esta fórmula está a adoptar novas formas, e unha que está a captar bastante atención é Books in the Rail, iniciativa emprendida pola mozas de Melbourne (Australia) Ali Berg e Mich Kalus, que comezaron a deixar libros en trens, tranvías e autobuses con adhesivos na súa portada que indican “colle este libro, leo e déixao para que calquera outro goce del”.
Esta iniciativa non só busca a colaboración cidadá, senón que tamén anima a autores e editores a ceder exemplares para a súa distribución de balde en medios de transporte público, e para facer máis doado o proceso de liberación de exemplares por parte de particulares tamén convidan a que os interesados se poñan en contacto coas responsables para que lles remitan os adhesivos a colocar nas cubertas dos libros que se queiran pór a disposición pública.
Aínda que falamos dun proxecto bastante novo, o seu uso das redes sociais é innegable, e curiosamente onde está a ter máis impacto é en Instagram, onde é cada vez máis frecuente compartir imaxes cos libros compartidos, quedando agora por ver se esta modalidade de bookcrossing se prodiga internacionalmente.
Unhas mozas australianas promoven o bookcrossing no transporte público
Compartir Este Artigo
