A retirada da venda do Samsung Galaxy Note7, antes incluso de que chegara a estar dispoñible en Europa, levou a unha situación de incerteza, pois tras a súa volta ao mercado haberá certa desconfianza nos terminais que estean en circulación que podería ter unha solución moi sinxela: os smartphones que recibirán os consumidores que devolveran o seu Galaxy Note7 a partires do 21 de setembro (cando menos en Australia) levarán un adhesivo branco cunha letra S azul que indicaría que o dispositivo é seguro.
Tamén apuntan a que a primeiros de outubro os Galaxy Note7 volverían á pórse á venda con normalidade, por terse detectado a fonte das baterías defectuosas.
Pero non só un adhesivo permitirá diferenciar os móbiles con baterías seguras, senón que a propia páxina web do fabricante surcoreano incluirá unha sección na que poderase introducir o número de IMEI dos teléfonos para identificar se é un dos dispositivos afectados por este polémico defecto de fabricación (o que podería facer que moitos usuarios non tivesen que molestarse en devolver o seu terminal actual no caso de confirmar que carecería de problemas).
Os Samsung Galaxy Note7 poderían volver ao mercado cun adhesivo que indique que son seguros
Compartir Este Artigo
