Tras acumular centos de milleiros de fotografías xeoposicionadas a nivel mundial no seu servizo, a empresa Panoramio rematou sendo adquirida por Google en 2007, para un par de anos despois integrar a súa interesante información en Google Street View, onde actualmente se consumen habitualmente as fotografías localizadas xeograficamente, de xeito que a marca Panoramio quedou totalmente diluída, ao que Google está a responder anunciando que Panoramio deixará de estar dispoñible a partires do 4 de novembro.
Google xa anunciara en 2014 que ía pechar Panoramio, para que os usuarios subisen directamente as súas fotografías a través de Google Maps, e finalmente puxeron data para o cesamento do servizo, evitando así multiplicar esforzos e confundir aos usuarios (pois no resulta comprensible que para subir as fotografías aos mapas de Google haxa diferentes servizos en paralelo).
Os usuarios que actualmente teñan ligado o seu perfil de Panoramio coa súa conta de Google verán como as súas fotografías se trasladan ao arquivo de álbums de Google sen perder calidade, de xeito que continuarán a estar dispoñibles en liña agás que o usuario decida o contrario.
A partires do 4 de novembro será imposible subir novos contidos a Panoramio, aínda que o servizo continuará a facilitar o acceso aos seus usuarios durante un ano (principalmente por se queren exportar os seus datos), período tras o que retirarase por completo.
Google pechará Panoramio o mes que vén
Compartir Este Artigo
