Para as nais, pais, docentes e escolares que queiran introducirse no universo da programación coa ferramenta Scratch (unha ferramenta moi doada de empregar, intuitiva, divertida e de gran potencial de desenvolvemento), lembrarlles que este sábado 15 de outubro celébrase na Cidade da Cultura en Santiago un obradoiro de programación de videoxogos con Scratch organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). Na actividade participarán escolares de idades comprendidas entre os 7 e os 15 anos, acompañados polos seus pais e nais.
A sesión, co-organizada polo CPETIG e AMTEGA, ten como obxectivo ensinar “dun xeito divertido e lúdico” a programar videoxogos coa devandita ferramenta, un recurso informático que, segundo lembra o Colexio nun plano máis específico, está baseado en pezas que se xuntan e que serven para dar forma a pequenos programas que en si mesmos atesouran unha ampla capacidade instrutiva no que a programación se refire. E todo “dun xeito simple, intuitivo e eficiente” engade o CPEITG, que tamén recorda que durante o obradoiro os escolares aprenderán durante toda a mañá a programar videoxogos, historias interactivas e storytelling.
Os escolares e as súas familias teñen este sábado unha cita coa programación da man do CPETIG
Compartir Este Artigo

