Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os expertos en videoxogos xúntanse esta semana no CIVE para amosar o potencial educativo do lecer dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Os expertos en videoxogos xúntanse esta semana no CIVE para amosar o potencial educativo do lecer dixital

Redacción
Publicado: 26/10/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_cive_inauguracion.jpgEsta semana, ata o remate da mesma, estase a desenvolver en Pontevedra a cuarta edición do Congreso Internacional de Videoxogos e Educación, CIVE. Máis polo miúdo, desenvólvese na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (o CIVE propiamente dito) e máis na Casa da Luz (onde se celebra a Game Jam da man da UVigo e o CPEIG: unha cita colectiva de gammers traballando na creación dun videoxogo de índole socio-divulgativa para móbiles e tabletas). O CIVE foi inaugurado este mércores pola profesora Beatriz Legerén.
Segundo fixo saber Legerén, o obxectivo é “afondar no potencial educativo dos videoxogos”. Na inauguración tamén participou o deseñador de lecer dixital Michael Santorum, que lembrou “que todo videoxogo é de por si educativo, porque ten unhas regras que tes que aprender para poder xogar”. Este (o potencial para o ensino) é tamén o eixe temático da Game Jam, que ten o punto de mira na educación Primaria.

Algúns dos participantes na Game Jame que está a desenvolver na Casa da Luz
Algúns dos participantes na Game Jame que está a desenvolver na Casa da Luz
A Game Jam, que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra, está dirixida a programadores, deseñadores, ilustradores e xente interesada no mundo dos videoxogos, que deberán permanecer día e noite na Casa da Luz co obxectivo de presentar o venres as súas propostas. Os traballos optarán a un premio cedido polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e á posibilidade de desenvolver unha campaña de crowdfunding para obter os fondos precisos para desenvolver o seu xogo, coa colaboración da empresa Gato Salvaje Estudio.

Contidos
  • Máis sobre o CIVE
  • Preto de 60 comunicacións

Máis sobre o CIVE

Trátase dun congreso promovido pola asociación de investigadores Alfas, a facultade e a Vicerreitoria do Campus de Pontevedra, dentro do proxecto CREA 2i. O evento artéllase en varias xornadas, cada unha delas adicada a diferentes fases do proceso de creación dunha aventura gráfica ou achega dixital de lecer. Así, tras centrarse na creación da historia, na narrativa, na xornada inaugural, o xoves centrarase nas regras e mecánicas, mentres que o venres o debate centrarase no seu aspecto gráfico e as súas ligazóns coa arte e o deseño.
Entre as actividades máis salientables da primeira xornada figurou sen dúbida unha mesa sobre xénero e videoxogos na que o investigador da U-Tad Enrique Morales deu conta da investigación que realizou sobre a percepción dos “valores de igualdade” entre os xogadores e xogadoras habituais, aqueles que adican máis de cinco horas á semana aos videoxogos. “O que fixen foi preguntarlles directamente como vían eses valores” nunha industria na que “a grande maioría dos personaxes dos xogos máis populares son masculinos”. Esta investigación permitiulle constatar que, por riba do xénero, existía unha “variable moi clara na percepción deses valores”, a idade. Así, se ben os adultos e adultas recoñecían que estes produtos “non reflicten ben estes valores”, esta cuestión non era observada entre os xogadores e xogadoras menores, que o vían “como algo natural”. Nese punto, puxo de relevo que unha das preguntas abertas que deixa o seu traballo é se a educación fará posible que “segundo van madurando” si perciban “que eses valores non están reflectidos nos videoxogos”, algo que debera ser ao mesmo tempo o punto de partida para cambios nunha industria na que, no caso de España, lembrou, só o 17% dos traballadores son mulleres.

Preto de 60 comunicacións

Amais das mesas de debate que se suceden ao longo dos tres días, o CIVE complétase coa presentación de preto de 60 comunicacións, boa parte delas procedentes de de Arxentina, Brasil, Uruguai ou México e defendidas de forma virtual nun congreso que está a ser retransmitido a través de UVigo-TV. A inauguración do congreso viuse precedida por un obradoiro práctico sobre as posibilidades educativas dos videoxogos, impartido este martes polo vicepresidente de Ars Games, José Manuel Salado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?