Samsung Electronics anunciou hoxe que pechou un acordo de compra de Harman International Industries por 112 dólares por acción en efectivo, o que supón uns 8.000 millóns de dólares, co que a compañía surcoreana busca conseguir unha presenza destacada no mercado en crecemento das tecnoloxías conectadas e, en especial, da electrónica para o automóbil, xa que estiman que o sector chegará a mover 100.000 millóns de dólares en 2025, de ái que consideran importante conseguir unha boa posición para aproveitar a onda.
Actualmente ha máis de 30 millóns de vehículos equipados con solucións de coche conectado e sistemas de son de Harman e, de feito, o 65% do volume de operacións de Harman durante os últimos 12 meses estaban relacionados co sector da automoción.
Samsung non só busca comercializar as solucións de Harman, senón tamén aproveitar a súa combinación con produtos de electrónica de consumo de Samsung, o que podería mellorar a experiencia de uso de practicamente todo o catálogo de produtos de Samsung.
A operación conta co acordo unánime dos cadros de dirección de ambas compañías e queda agora pendente da aprobación por parte dos accionistas e órganos reguladores, prevéndose que a mediados de 2017 Harman xa poida pertencer a Samsung.
Samsung merca Harman coa vista posta nos automóbiles conectados
Compartir Este Artigo
