O Observatorio estatal des Telecomunicacións (ONTSI) vén de emitir a nova edición do seu informe habitual sobre o medre do comercio electrónico no ámbito español. Segundo se fai saber na investigación, confírmase unha vez máis a tendencia á suba. En termos máis concretos, acadáronse en 2015 os 20.745 millóns de euros, unha cifra superior nun 27,5% á de 2014. Estes e outros datos figuran no Estudo sobre Comercio Electrónico B2C 2015. No informe saliéntase ante todo a gráfica ascendente (moi ascendente) que guinda a devandita suba. Esta tendencia á alza é superior tamén á de 2014. A razón disto está, por suposto, no medre dos internautas con vontade de mercar. A cifra deste tipo de usuarios, alicerce fundamental do ecommerce, pasou de 18,6 millóns a 20,4 millóns entre 2014 e 2015.
No que atinxe ao emprazamento concreto onde se levan a cabo as compras en liña, o fogar segue sendo o lugar preferido (92,2%), seguido (cada vez máis preto) pola mobilidade, que se sitúa no segundo posto (12,9%) por diante da empresa ou lugar de traballo, que pasa a ocupar a terceira posición (8,9%).
Os produtos que seguen líderes os billetes de transporte (43,3%), mentres que a compra de entradas a espectáculos pasa do cuarto ao segundo posto (40,4%), séguenlles a adquisición de roupa, complementos e artigos deportivos (40,0%) e as reservas de aloxamento e paquetes turísticos (39,8%).
Entre as razóns para mercarmos online sitúanse na cabeza o prezo (78,6%), a comodidade (69,6%) e o aforro de tempo (49,5%).
O comercio electrónico acadou en 2015 os 20.745 millóns de euros
Compartir Este Artigo

