Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fortissimo simplifica co seu marketplace o acceso das PEME á computación avanzada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fortissimo simplifica co seu marketplace o acceso das PEME á computación avanzada

Redacción
Publicado: 29/11/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

fortissimo-2.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) reflectiu este mes de novembro importantes novidades acerca do programa europeo Fortissimo, no que participa activamente o centro, novidades que se suman ás achegadas no evento celebrado en Santiago o pasado 23 de outubro para expoñer as oportunidades para as PEME que ofrece (en termos xerais) a integración nelas da computación avanzada e (en termos concretos) a súa participación en Fortissimo (que vai pola súa segunda convocatoria). Precisamente as novidades máis recentes respecto deste programa europeo teñen que ver, directamente, con facer o máis doado posible o acceso das PEME ao ámbito das simulacións informáticas avanzadas e á computación de alto rendemento (HPC, polas súas siglas en inglés High Performance Computing). Falamos da creación do Marketplace de Fortissimo, un innovador espazo de interacción que xunta provedores clave e pequenas e medianas empresas.
Este mercado dixital, baseado na nube, salienta por achegar unha plataforma que simplifica ao máximo o acceso das empresas aos servizos derivados do cómputo avanzado. O marketplace, cuxa inscrición é de balde, xa xunta arestora máis de 130 socios. Segundo destacan os seus impulsores, é moi axeitado para atoparmos os provedores máis acaidos para os nosos requirimentos de simulación, xestión e facturación de proxectos. A idea, en última instancia, é contribuír á produtividade das empresas e axudalas a reducir aos seus custes de produción “de maneira significativa”.
O Marketplace de Fortissimo subministra as seguintes vantaxes para os provedores de servizo: achega unha canle de ventas dirixida, adecúa os servizos ás necesidades dos usuarios e permite o subministro dun servizo de contabilidade e facturación para o usuario final. No intre do seu lanzamento, o devandito acubillo comercial inclúe xa 139 socios, entre os cales atópanse empresas manufactureiras, desenvolvedoras de aplicacións, expertas en dominios, provedoras de solucións IT e subministradoras de servizos de HPC na nube procedentes de 19 países.
Vantaxes comerciais
Segundo recorda o o CESGA, recursos como a Computación de Altas Prestacións (HPC) e o software de simulación e modelado non estaban ata agora ao alcance de todas as PEME. A estas ferramentas e sistemas, de feito, só adoitan acceder as empresas máis grandes e máis potentes do mundo. Porén, as vantaxes e oportunidades que ofrecen estas tecnoloxías presentábanse como importantes de máis como para seguir perpetuando esta desconexión delas co ámbito das PEME. Ao fío disto, o centro lembra que nun estudo de IDC estimábase que cada dólar investido en HPC tiña un retorno, de media, de US$ 356 en ingresos e US$ 38 en beneficios ou aforros de custos. O principal atranco para universalizar entre as pequenas e medianas empresas a alta computación era pois de equipamento, de recursos humanos e de capital: Como facer posible o uso entre aquelas os supercomputadores que demandan os programas de simulación máis avanzados? Como poñer á disposición os profesionais máis especializados? Como impulsar os investimentos de capital que se precisan? Segundo informa o CESGA, a resposta a todo isto está en boa medida en programas como Fortissimo. “Co seu Marketplace”, engade, “elimínase a complexidade do proceso de compras e redúcense de maneira considerable os custos, xa que os provedores de servizos adáptanse á perfección aos usuarios ofrecendo unha plataforma de autoservizo baseada na nube”.
Polo tanto, o obxectivo do Marketplace de Fortissimo é ofrecer ás PEME procedentes dunha ampla gama de mercados verticais (motor, aviación, enxeñaría médica, manufactura, enerxía, medio ambiente) un acceso económico a servizos avanzados de simulación e modelado operando nunha infraestrutura de recursos de HPC na nube xunto con aplicacións de software, experiencia e ferramentas.
Para visualizarmos as vantaxes e oportunidades que se abren ao abeiro deste programa, o CESGA lémbranos o casos de éxito das empresas galegas Texas Controls e Madeiras Besteiro. Ademais, podemos albiscar os experimentos na súa totalidade nun apartado específico da web de Fortissimo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?