Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abanca lanza un novo cartón que admite tres formas de pago a crédito a través da app
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abanca lanza un novo cartón que admite tres formas de pago a crédito a través da app

Redacción
Publicado: 30/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abanca_tarxeta_tu.jpgDende Abanca anuncian o comezo da comercialización da tarxeta Visa Tú, unha vía de pagamento cuxa engrenaxe é levado a cabo mediante a aplicación da banca móbil da entidade. Este cartón permite ao cliente adaptar o financiamento ás súas necesidades nuns segundos, ao combinar as súas funcionalidades coas vantaxes do novo servizo APPlázame da entidade. Tú é unha tarxeta con deseño vertical, que acubilla varios servizos nun só produto. Cun único límite de crédito, a tarxeta combina o habitual cargo a fin de mes sen custo, o aprazamento a varios meses e o pago cunha cota fixa mensual (coma unha tarxeta revolving).
Como se usa? Pois unha vez feita a compra, o titular poderá elixir para cada operación a maneira de pagamento ou prazo que prefire coa opción de mudar de opinión as veces que queira, antes do primeiro cargo da súa liquidación. As modificacións poderá realizalas desde o seu móbil ao instante grazas ao servizo APPlázame de Abanca, e tamén desde a banca electrónica.
Asemade, a tarxeta Visa Tú ten un dobre funcionamento: a débito ou a crédito. No caixeiro, o cliente escolle o xeito de pago: pode retirar diñeiro a débito (con cargo á conta que teña asociada) ou a crédito (con cargo ao propio crédito da tarxeta). Alén disto, nun futuro Visa Tú permitirá amortizar operacións con pagamento a fin de mes de xeito inmediato, como se se tivesen realizado cunha tarxeta de débito.
En canto a condicións financeiras, as operacións con pago en cota fixa contarán cun tipo de xuro a partir do 8,76%, segundo a vinculación do cliente coa entidade. As compras tamén se poderán aprazar entre 3 e 12 meses sen xuros mediante o pago dunha comisión de entre o 1 e o 4%. A tarxeta será de balde se o cliente cumpre as condicións do Programa Cero Comisións de Abanca ou se realiza compras superiores a 3.000 euros ao ano con este medio de pago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?