Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha de cada catro redes Wi-Fi públicas están desprotexidas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha de cada catro redes Wi-Fi públicas están desprotexidas

Redacción
Publicado: 30/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wi-fi_conexion.jpgSegundo a empresa de protección informática Kaspersky Lab, unha de cada catro redes Wi-Fi que temos á nosa disposición nun cumpre cos requirimentos mínimos de seguridade (representando en ocasións un risco para os nosos datos persoais, que estarían a disposición de calquera outro usuario cun mínimo de coñecemento informático). Este dato figura nun estudo de seu sobre a calidade dos accesos sen fíos de índole pública. Para darlle forma, a firma avaliou máis de 31 millóns redes Wi-Fi públicas ou hotspots en todo o mundo. A conclusión é que o 25% das mesmas están desprotexidas, o que significa, nas súas palabras, “que todo o tráfico transmitido a través desas redes, incluíndo mensaxes persoais, contrasinais, documentos e moito máis, pode ser doadamente interceptado polos ciberatacantes”.
Dende o punto de vista da incidencia xeográfica, a investigación apunta a que os 20 países con meirande porcentaxe de hotspots Wi-Fi non cifrados inclúen moitos destinos turísticos populares: Tailandia, Francia, Israel, Estados Unidos, entre outros
No estudo tamén se sinala que o 3% dos puntos de conexión sen fíos usan WEP (Wired Equivalent Privacy) para cifrar datos, “un protocolo que non é do todo seguro e que se pode inutilizar en cuestión de minutos con ferramentas que están dispoñibles de balde en Internet”. Polo que atinxe ao resto, Kaspersky informa que case tres cuartas partes dos espazos públicos de conexión sen fíos tiran partido “dunha forma máis segura de cifrado” baseada na familia de protocolos de Acceso Protexido Wi-Fi (WPA). O consello da compañía, a respecto de todo o devandito, é que os usuarios “se manteñan alerta cando se conecten a unha rede Wi-Fi pública e que non utilicen puntos de acceso sen fíos sen contrasinais para realizar actividades de alto risco, como banca dixital, compras, ou transferencia de información confidencial”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?