O director da división residencial de R, o coruñés Alfredo Ramos, vén de ser nomeado novo director xeral do operador de telecomunicacións con sede en Galicia e propiedade de Euskaltel, co que culmínase o proceso de deseño dunha organización que dirixa os equipos do primeiro grupo de telecomunicacións do norte de España.
Ramos iniciou a súa carreira profesional como consultor en Norsistemas, entrando a formar parte de co seu nacemento en 1998, desempeñando o rol de responsable de produto. Este enxeñeiro de telecomunicacións pasou ao posto de xerente comercial e de marketing residencial entre 2003 e 2007, e a partires de entón dirixiu a división residencial da compañía galega ata agora, cando terá que asumir novas responsabilidades á fronte dunha compañía que ten que moverse nun contorno altamente competitivo.
Alfredo Ramos é o novo director xeral de R
Compartir Este Artigo

