Tras a confirmación da nulidade do canon dixital español por parte do Tribunal Supremo estamos pendentes de ver como se regulará a situación, e o diario El País adianta que en breve teremos un novo canon dixital que incluirase no prezo dos móbiles e soportes de gravación, de xeito que xa non dependerá dos Orzamentos Xerais do Estado.
A revisión da compensación por copia privada procurará evitar os erros do pasado, e recuperaría unha forma semellante á que tiñamos ata 2011, de xeito que os CD e DVD gravables, as memorias USB, os smartphones… estarán sometidos a gravame, existindo exención para empresas e Administracións públicas, sendo posible que as persoas físicas e xurídicas pidan o reembolso do chamado canon se demostran a finalidade profesional dos soportes de gravación adquiridos.
O novo canon dixital entraría en vigor o vindeiro 1 de xaneiro, aínda que os trámites lexislativos necesarios para o seu artellamento poderían facer que se tardase varios meses en completar o novo regulamento que é bastante urxente, xa que levamos varios dos regulamentos anteriores foron considerados ilegais, precisamente pola falta de adecuación á normativa comunitaria ao non establecer os mecanismos que fagan que non teñan que aboar a compensación por copia privada as entidades que nunca farían tal tipo de uso dos soportes.
O novo canon dixital podería entrar en vigor o 1 de xaneiro
Compartir Este Artigo
