
Foi desenvolvida pola empresa Ailalelo Deseño e Desenvolvemento, que tamén participou na estrea da ferramenta, debullando os seus puntos fortes. Por exemplo o seu carácter marcadamente informativo, con novas e relación actualidade e dinámica de eventos, tanto os relativos ao lecer como ás festas patronais e os eventos deportivos. Os emprazamentos destas actividades, igual cós itinerarios turísticos, acompañaranse con funcionalidades de xeolocalización e outros recursos para que sexan atopados da maneira máis doada posible polos usuarios. Na presentación da aplicación fíxose fincapé nun dos seus principais obxectivos: lograr a máxima divulgación e conseguir que os atractivos turísticos de Foz estean perfectamente visibles para os visitantes potenciais de todo o mundo.
Foz presenta aplicación turística para dispositivos móbiles
Compartir Este Artigo

