Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DICO Summit 2017 inaugúrase con múltiples actividades arredor dos contidos dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

DICO Summit 2017 inaugúrase con múltiples actividades arredor dos contidos dixitais

Redacción
Publicado: 24/01/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

dico_summit_img_7596.jpgHoxe inaugúrase finalmente o evento DIgital COntents (DICO) Summit 2017, unha xuntanza internacional arredor dos contidos dixitais coa que se queren pór de manifesto os importantes ingredientes cos que contamos para converternos en foco referencial de desenvolvemento e de creación de filmes e series en liña, videoxogos, realidades virtuais, contidos en 3D, webseries ou mesmo plataformas de distribución. O evento vén da man da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia. Abranguerá dúas completas xornadas de actividades (relatorios, paneis, demostracións, networking, etc) e contará coa presenza dalgúns dos máis sobranceiros creadores de contidos dixitais do panorama galego, estatal e internacional.
dico_summit_img_7592.jpgA cita é no edificio CINC da Cidade da Cultura. As claves temáticas, como dixemos, son as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos. No acto inaugural de DICO Summit 2017 participa a directora da AMTEGA, Mar Pereira; o presidente do Clúster Audiovisual Galego, Jorge Algora, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral.
Mar Pereira sinalou que o seguinte fito do Viraxe TIC é a elaboración dun estudo para identificar as principais oportunidades de negocio neste ámbito e analizar as perspectivas do sector ante as novas tendencias e os casos de referencia. Nunha segunda fase o Programa contempla a posta en marcha dunha liña de axudas dotada con 3.7 millóns de euros para incentivar o desenvolvemento de proxectos innovadores no ámbito dos contidos dixitais.
O presidente do CLAG, destacou que o contido en vídeo é o contido dixital que máis tráfico xera en España e o que máis crecerá ata 2020 só superado polo xogo online. Jorge Algora sinalou tamén que as novas plataformas dixitais achegan novas formas de distribución e, pola tanto, novas formas de amortizar as producións. Engadiu que agora toca explotar todas as novas posibilidades de negocio.
dico_summit_img_7598.jpgO presidente de Clúster TIC indicou que para a aproveitar as posibilidades que ofrece o sector dos contidos dixitais é preciso “pasar do técnico ao creativo, que son dous mundos que teñen que entenderse neste contexto”. Sinalou tamén que o papel dos tecnólogos neste ámbito é dar soporte aos contadores de historias. Ademais, incidiu na importancia de apoiar o emprendemento individual e de elaborar produtos pensando nun espectador global.
A continuación foi a quenda dun panel sobre as máis recentes novidades relativas aos contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos, contando este relatorio duplo coa presenza da directora de History Channel Iberia, Carolina Godayol, e o director de Afiliados, Medios Dixitais e Investigación de Viacom, Daniel Muñoz.

Obxectivos

En palabras dos organizadores, “DICO Summit 2017 é moito máis ca un evento, é unha xanela a un futuro mellor, un escaparate para ver e deixarse ver, unha ocasión única para coñecer as últimas tendencias en contidos dixitais, entender como repercuten nos novos modelos de negocio e valorar o seu papel como dinamizador dos distintos sectores económicos”. Coa finalidade de fortalecer estes obxectivos, non só se fomentará nestas dúas xornadas a participación e interacción entre profesionais e empresas da economía dixital e tecnolóxica, senón que tamén se fará todo posible por atraer o máximo número de estudantes, en definitiva os vindeiros valedores dos contidos dixitais.
Ao fío desta vertente de reclamo da mocidade, impulsarase en DICO o talento local a través do concurso Na procura do talento dixital, un certame para recoñecer e visualizar ideas relacionadas con novos proxectos no eido dos contidos dixitais. A intención dos organizadores é tirar proveito desta actividade para topar as mellores propostas de emprendemento, achegadas por mozas e mozos de entre 14 e 30 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?