Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DICO Summit, unha fiestra ao presente e futuro do audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

DICO Summit, unha fiestra ao presente e futuro do audiovisual

Redacción
Publicado: 24/01/2017
11 Min de Lectura
Compartir
11 Min de Lectura

dico_summit_img_7622.jpgA primeira edición de DICO Summit quere servir para amosar unha imaxe do presente e futuro do sector dos contidos dixitais, para o que o debullan distintas faces do sector, para que os profesionais poidan coñecer a situación actual e as tendencias de mercado para actuar en consecuencia de cara a explorar novos nichos de negocio e animarse a explorar as sendas da innovación.
De cara aos creadores de contidos resultaría de especial interese a visión das propias canles de televisión coas intervencións de representantes de History Channel e VIACOM para coñecer o que estas importantes compañías están a facer, o que pode ser de utilidade para presentarlles propostas de contidos.

Contidos
  • As canles
  • Os operadores
  • Aposta pola innovación
  • As tecnoloxías que farán posible o audiovisual que vén

As canles

dico_summit_img_7607.jpgBaixo o título de Contidos Dixitais nun mundo conectado comezou a falar Carolina Godayol, de History Channel, quen abriu destacando a velocidade actual do sector audiovisual e situou á televisión como o elemento chave do mesmo, achegando unha importante reflexión: a produción local da súa compañía vai dirixida a un público xeral. Deste xeito, as produtoras interesadas en preparar produtos para esta plataforma sabe cara onde apuntar, para pode engordar o catálogo de produtos televisivos creados aquí, que actualmente superan os dous centos.
dico_summit_img_7611.jpgPola súa banda, Daniel Muñoz (VIACOM) comezou asegurando que o seu público está composto principalmente por seareiros (fans), como pode verse claramente no caso da canle MTV. Para conseguir iso considera esencial que os contidos busquen a relevancia sendo atractivos para todos, para o que apostan por marcas (como Bob Esponja, as Tartarugas Ninja ou La Patrulla Canina) e non só por canles de televisión.
Muñoz tamén considera importante adaptar os contidos ás distintas pantallas a través das que chegan ao público final, sendo moi importante facilitar o consumo á carta e en mobilidade, e como exemplo de innovación citou o caso de MyNickJr., unha plataforma interactiva que facilita que o espectador poida configurar fluxos de programación lineal a través da definición dunha serie de parámetros, o que supón un valor engadido moi interesante, no que xogan papeis importantes dende a interface de usuario ata o motor de recomendacións empregado (tendo que ser forte cada elo da cadea de querer garantir a calidade esixida polo consumidor).
Conclúe dicindo que a realidade do sector, pese ao que podemos pensar, é a mesma que hai 10 anos, pero actualmente está en expansión, de xeito que non tería sentido discutir se hai que apostar ou non polos contidos dixitais, senón que o discurso debería ser se innovar ou non.

Os operadores

dico_summit_img_7630.jpgEn España temos unha situación moi especial na distribución de contidos audiovisuais para o fogar, na que os operadores de telecomunicacións cos seus paquetes combinados son os grandes axentes, de aí que o panel Plataformas de contidos e novos mercados estivese protagonizado por representantes de compañías como Orange, Vodafone, Euskaltel e Andorra Telecom.
José Antonio Guzmán, director de televisión de Orange, insistiu no bo momento que a ficción televisiva está a vivir, e apuntou ás grandes oportunidades que están a xurdir grazas á banda larga, á publicidade moi dirixida, á realidade virtual, á interacción directa co cliente e aos sistemas preditivos, que incluso préstanse á exploración de novos modelos de negocio no que as operadoras e as produtoras poden optar por fórmulas nas que comparten riscos na procura da innovación.
Tamén chamou á prudencia, xa que destacou que a innovación vai máis rápido que os hábitos de consumo e a implantación industrial, lembrando que son moitos os fracasos de produtos por chegar ao mercado antes de tempo. Teme que esteamos nun momento no que o mercado estea xa saturado coa oferta de contidos, xa que actualmente o volume de produción televisiva é moi superior ao que os consumidores con capaces de ver, polo que cada vez é máis importante saber facer atractivos os produtos para poder destacar entre toda a oferta.
Rematou criticando a situación actual do mercado, que considera distorsionada pola chegada dos grandes operadores OTT como Netflix, que chegan cos petos cheos para tentar facerse con todo o sector, resultando moi difícil reaccionar ante a situación actual.
dico_summit_img_7639.jpgJesús J. Rodríguez Ramos, director do produto televisivo de Vodafone Spain, constatou que o mercado da televisión de pagamento en España está a medrar (lentamente), polo que aínda habería bastante marxe de crecemento. Destacan que a súa compañía optou pola agregación, para que os seus clientes poidan gozar dun xeito doado das diferentes plataformas audiovisuais, que poden contratar a través deles e pagar nunha única factura. Neste contorno ve importante dotar ao cliente de ferramentas para o descubrimento de contidos.
A directora de innovación e televisión de Euskaltel, Idoia Uriarte, salientou a posición líder que Euskaltel e R teñen nos territorios onde están presentes e comentou as innovacións que foron incorporando á súa oferta audiovisual no último ano (como tv comigo) e salientou que de cara ao futuro continuarán a apostar pola flexibilidade da súa oferta de contidos.

Aposta pola innovación

dico_summit_img_7668.jpgCompletaron o panel representantes de Atresmedia, RTVE, PRISA e Wuaki TV, que achegaron unha visión dos contidos en medios, canles e novas plataformas. No caso de RTVE Alejandro Vega Martín narrou os éxitos da compañía co xornalismo móbil e na participación en proxectos innovadoras nos que tiraron proveito de tecnoloxías como o vídeo en 360 graos, conseguindo resultados moi satisfactorios.
Javier Lasa (PRISA) tamén quixo expor a ampla estratexia dixital da súa compañía, que está a preparar numerosas novidades para os vindeiros meses, con proxectos de colaboración con Google, Facebook e YouTube; aínda que tamén salientou as dificultades para adoptar modelos de negocio viables na actual situación. Como curiosidade, mencionou que traballan con grellas nas que figuran tanto a oferta de contido lineal (tradicional) e as retransmisións en directo por Facebook, que aínda que non son fixas (no caso das retransmisións en liña) poden ilustrar sobre os cambios que están a experimentar na compañía á hora de afrontar a situación actual.
Pechou o panel José Monleón de Wuaki TV, quen explicou a historia e funcionamento da súa plataforma de vídeo baixo demanda, o que serve como exemplo de emprendemento. Esta pequena iniciativa desenvolvida dende España chegou a chamar a atención do xigante de comercio electrónico chinés Rakuten, que os absorbeu en 2012.

As tecnoloxías que farán posible o audiovisual que vén

dico_mesa_audiovisual.jpgPola tarde, logo do xantar, DICO Summit acolleu a mesa redonda Construíndo a base para os contidos dixitais do futuro, que contou coa presenza de Danny Vossen, director de Estratexia de Technicolor, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC de Galicia, Xavier Cosculluela, responsable de Servizo de Nagra e Jaume Figueras, director de Tecnoloxía de Nokia. No transcurso desta mesa, Vossen fixo un percorrido polo presente e o futuro inmediato de Technicolor, fabricante francés de electrónica e provedor de servizos multimedia avanzados, con presenza en 30 países.
technicolor_dico.jpgO relator mencionou as contribucións da súa compañía ao cinema actual (deixando pegada en filmes tan salientables como The Martian, de Ridley Scott), enumerou algúns dos seus clientes potenciais (Canal+, Warner Bros, Paramount, Disney, Netflix, Fox ou DreamWorks) e debullou tamén as súas liñas estratéxicas máis inmediatas (por exemplo a realidade envolvente ou inmersiva, en palabras de Vossen «a seguinte xeración de tecnoloxía audiovisual»).
Na mesa tamén participou Xavier Cosculluela, responsable de Servizo de Nagra, compañía de orixe suíza centrada na TV dixital e en fornecer ferramentas avanzadas a provedores de contidos e operadores en todo o mundo. Cosculluela lembrou que parte da liña estratéxica de Nagra baséase no subministro de plataformas e aplicacións seguras, abertas e integradas en plataformas de difusión. Entre as empresas que tiran proveito das tecnoloxías da compañía atópanse Movistar+ ou a galega R.
dico_nokia_figueras.jpgO terceiro relator da mesa foi Jaume Figueras, director de Tecnoloxía de Nokia, que achegou unha manchea de datos sobre a vertente máis investigadora e innovadora da compañía de móbiles, unha firma que, segundo dixo, «xa leva investidos máis de 115.000 millóns de euros en Investigación e Desenvolvemento», cubrindo cos seus milleiros de ducias de patentes todo tipo de tecnoloxías para teléfonos intelixentes, tabletas, computadoras portátiles e outros dispositivos. «Nokia», sinalou, «quere seguir sendo innovadora e quere estar xusto no miolo do futuro das telecomunicacións ao longo da vindeira década».
A devandita mesa foi seguida por un panel, A produción audiovisual en plena era dixital, no que participaron o director e escritor galego Jorge Coira, director e escritor galego, o novo director do Clúster Audiovisual Galego e director de Adiviña Producións, Jorge Algora, a directora do Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) de La Voz e especialista en novos medios, María José Arrojo, e o director executivo de Glue Digital, Javier Blanco Thomas. O director da CRTVG, Alfonso Izquierdo, foi o encargado de moderar a mesa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?