Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A LaconNetwork celebrou o seu sétimo aniversario co acento posto na busca de investimento para proxectos emprendedores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A LaconNetwork celebrou o seu sétimo aniversario co acento posto na busca de investimento para proxectos emprendedores

Redacción
Publicado: 03/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lacon_img_8018.jpgO encontro mensual dos albaneis da nube chamado LaconNetwork celebrou os seus xa 7 anos de actividade nunha gala na que celebráronse un par de mesas redondas nas que reflexionaron sobre o emprendemento tecnolóxico dende distintos puntos de vista (o dos investidores que deron conta do que buscan para apoiar proxectos e o dos emprendedores que en moitas ocasións teñen que saír de Galicia para poder levar adiante as súas iniciativas), unha charla maxistral do emprendedor en serie Iñaki Arrola (que centrouse en boa medida nos seus fracasos, para ilustrar como é posible aprender dos seus erros, á vez que resaltou que que non todos os proxectos axeitados para a busca de investimento externo), unha entrevista ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde (quen amosou a súa visión do emprendemento en Galicia) e tamén a entrega dos Premios LaconNetwork.
lacon_img_8106.jpgFrancisco Conde, que agradeceu aos organizadores a celebración deste acto, afirmou que tanto os premiados como o resto de finalistas dos LaconNetwork representan «a excelencia e a innovación» á que aspira Galicia. Neste sentido, subliñou que as propias empresas TIC camiñan nesa dirección, pois unha de cada catro firmas deste sector que naceron nos últimos tres anos están relacionadas coa I+D+i; ao tempo que lembrou que se trata dun ámbito que está a gañar cada vez máis peso na consolidación da recuperación económica de Galicia, con máis de 2.300 empresas, representando o 1,8% do PIB galego e empregando a máis de 15.000 persoas.
lacon_img_8091.jpgO conselleiro de Economía, Emprego e Industria puxo como exemplo a Toño Escudero, cofundador de Creappcuentos que participou en iniciativas nas que colabora a Xunta, como Vía Vigo e Galicia Open Future, e a quen Conde entregou o premio na categoría LaconNetwork Evanxelizador, que recoñece a implicación do gañador á hora de axudar a tomar conciencia de que en Galicia existe un sector TIC en crecemento que xira ao redor da innovación.






Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?