Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha o Centro de Seguridade en Internet para Menores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha o Centro de Seguridade en Internet para Menores

Redacción
Publicado: 07/02/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

centro_seguridade_internet_menores.jpgHoxe, coincidindo coa celebración do Día Internacional da Internet Segura (Safer Internet Day), presentouse en Madrid unha ambiciosa iniciativa para protexer ás novas xeracións na Rede. Trátase do Centro de Seguridade en Internet para Menores, Internet Segura for Kids. Trátase, explicou o ministro Álvaro Nadal, dunha plataforma en liña xestionada polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) que salienta por fornecer asesoramento e asistencia aos menores e as familias co fin de evitar os problemas (acoso, ameazas, abusos de calquera índole) derivados dun mal uso das novas tecnoloxías. Asemade, subministraranse recursos aos educadores e aos profesionais do eido do menor. Para facer o máis efectiva posible a plataforma habilitarase un servizo de denuncia e un sistema de traballo en estreita colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Segundo fixo fincapé o ministro de Industria, farase especial fincapé en loitar contra o abuso sexual infantil. O servizo de denuncia e a liña de asistencia telefónica que o complementa estarán operativos no primeiro semestre deste ano.
O Centro de Seguridade en Internet para menores en España vén da man da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información, Red.es e o INCIBE. O obxectivo desta iniciativa conxunta: “Promover o uso seguro e responsable en Internet e as novas tecnoloxías entre os menores e a súa contorna”. Trátase, como explicou o ministro Nadal, dun recurso público que “axudará a ampliar os dereitos dos cidadáns, especialmente dos cidadáns máis desprotexidos que son os menores de idade”. Nadal lembrou, para facernos unha idea dos riscos aos que nos enfrontamos, que en España o 95,2% dos menores de idade son internautas habituais e o 70% dispón de teléfono móbil propio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?