
Os organizadores (A Universidade da Coruña, a través da Escola Universitaria Politécnica, a Facultade de Informática e a Escola Politécnica Superior de Ferrol) amosaron a súa satisfacción por ter acadado estas cifras. E, tamén, por asistir ao divertimento dos máis cativos e ao abrollar de todas as súas grandes capacidades creativas e solidarias (de feito o leit motiv da proba foi a defensa e protección dos animais a través do desafío Animal Allies). Os organizadores tamén salientaron o traballo despregado polos alumnos, profesores e familias. Os galardoados foron os seguintes:
· Premio ao Comportamento do Robot: Equipo Eco Keepers (CPI A Xunqueira).
· Premio ao Deseño do Robot: Equipo AnonymousBot (IES de Fene).
· Premio ao Proxecto Científico: Equipo Eco Keepers (CPI A Xunqueira).
· Premio aos Valores First Lego League: Equipo CasanovasQuad (IES Sofía Casanova).
· Premio Fundación Princesa de Girona ao Emprendemento: The Shark Byte (IES Ortigueira).
· Premio Lego Education Robotix ás novas promesas: Equipo Infinity (Colexio Montespiño).
· Premio Global Innovation Award: Equipo Fire Detectors (CPI A Xunqueira).
E o primeiro premio, que ademais dá acceso para a gran final First Lego League España que se celebrará o 18 de marzo de 2017 en Logroño foi para o equipo Fire Detectors. O desafío que tiveron que resolver os equipos recibía o nome de Animal Allies, debían poñerse na pel dos animais para “descubrir que se consigue cando nos axudamos os uns aos outros”.
Participaron alumnos de colexios de toda a comunidade (Ferrol, Fene, Valdoviño, Ortigueira, San Sadurniño, A Coruña, Culleredo, Ourense…).
Unha historia de compromiso compartido
First Lego League está impulsado en España, desde o ano 2006, por Fundación Scientia que en colaboración con universidades, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación (os socios First Lego League) organizan o programa por todo o territorio. A evolución do programa ao longo destes 11 anos foi en crecemento, sendo hoxe España o país de Europa con maior participación en número de equipos.
A terceira edición First Lego League Galicia foi un éxito en participación e creatividade
Compartir Este Artigo

