A empresa TIC Balidea vén de informar do seu apoio (concorrendo como colaboradora bronce) ao evento María Pita DefCon, con toda probabilidade a xuntanza TIC máis relevante da presente tempada na nosa terra. Segundo lembra Balidea, o encontro está centrado na seguridade informática e a visualización da muller no devandito ámbito, e terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña do 6 ao 12 de marzo de 2017. “Nel”, engade a compañía TIC de Santiago, “daranse cita os mellores relatores do mundo da seguridade informática tanto a nivel local como nacional”.
Organizadores, colaboradores e patrocinadores calculan que María Pita DefCon sexa quen de atraer a máis 500 visitantes, abranguendo unha manchea de charlas, mesas redondas, obradoiros e concursos ao longo de toda unha semana
Entre os relatores confirmados atópanse Pedro Sánchez Cordero (Deloitte CyberSOC), Pablo González e Yaiza Rubio (ambos de ElevenPaths), Miriam Martínez (investigadora e docente da UAH), Luis Jurado (Perseus & RC Abogados), Alfonso Muñoz (Criptored), Miguel Hernández (i4s), Lilian Adkinson e Pablo Dago (ambos do Centro Tecnolóxico Gradiant), Lorenzo Martínez (Securízame), Víctor Salgado (Pintos & Salgado Abogados), David Marugán (Acuntia), José Mato (Mobgen Accenture Digital), Kenneth Peiruza (PUE), Pablo Mariño (FIC), Alberto Maroto (FIC), Enrique Andrade (FIC), David Méndez (FIC), Diego Hermida (FIC), Francisco Nóvoa (Grupo Academia Postal), Uxío Fuentefría (Vippter), Pilar Vila (Forensic & Security), Jacobo Rodríguez (Mobgen) e Fernando Villar (formador TIC).
Detrás deste evento, na organización, atópase un grupo de seareiros do hacking ético: David Albela, Uxío Fuentefría Oróns, Juan José González Cid, Raúl Oróns, Alejo Pacín Jul, Jesús Pérez Rubio, Raúl Fernando Rodríguez Rubio, Daniel Somoza, Fernando Suárez Lorenzo, José Manuel Vázquez Naya e María Pilar Vila Avendaño. Ademais o equipo impulsor deste importante evento compleméntase coa Facultade de Informática da Universidade da Coruña, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Rnasa Imedir, así como de múltiples entidades (públicas e privadas) do mundo TIC.
A cita desenvolverase entre o 6 e o 12 de marzo de 2017. O obxectivo, en palabras dos seus responsables, é dar forma ao “evento máis importante a nivel galego sobre seguridade informática e reivindicación da muller no plano tecnolóxico”. O programa artellarase nun cumprido feixe de charlas, mesas redondas, obradoiros e concursos ao longo de toda unha semana.
Balidea brinda o seu apoio a María Pita DefCon
Compartir Este Artigo

