
O coordinador do CITIC (Manuel F. González Penedo), organizou xunto con Petia Radeva, investigadora da Universidade de Barcelona, a sesión de traballo Computer Vision, Deep Learning and Applications. Este obradoiro contou tamén coa participación do investigador do CITIC José Rouco Maseda, que desempeñou as funcións de presidente da sesión de traballo.
Durante o seis días que durou o congreso abordáronse distintas temáticas, como a análise de imaxe e vídeo ou a aprendizaxe de máquinas (o chamado Machine Learning) como técnica para a análise de imaxes. Tamén se expuxeron aplicacións de recoñecemento facial, de recoñecemento de xestos ou para o procesamento de documentos e inspección visual.
A maiores de González Penedo e José Rouco, un terceiro investigador do CITIC participou na presente edición de Eurocast, trátase de José Joaquim de Moura Ramos, que presentou o traballo Interactive Three-Dimensional Visualization System of the Vascular Structure in OCT Retinal Images, publicado no libro de Extended Abstracts do congreso.
O CITIC amosa tecnoloxías de seu no Congreso Eurocast
Compartir Este Artigo

