A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vén de declarar “aula de referencia” a aula CeMIT da Deputación de Pontevedra. Esta designación, en palabras da entidade provincial, é “un recoñecemento á o traballo desenvolvido nestes últimos anos nas instalacións deste espazo formativo e de divulgación arredor das novas tecnoloxías da información. Segundo lembra a Deputación, a axencia AMTEGA considera “aulas de referencia” aquelas nas que o nivel de actividade, no ano inmediatamente anterior, en actuacións de alfabetización e/ou inclusión dixital sexa igual ou superior a un 50% respecto do total da actividade desenvolvida no dito espazo formativo.
Tamén son consideradas como tales aqueles espazos de formación nos que o nivel de actividade (no ano previo) en materia de accións de alfabetización e/ou inclusión dixital estea comprendido entre o 10% e o 50% respecto do total da actividade desenvolvida na dita aula, sempre que o número de usuarios da aula represente unha porcentaxe superior a un 2 % sobre a poboación total do concello respectivo.
As aulas de referencia, engade a Deputación, contarán con axuda adicional para establecer un programa anual específico de actuacións destinadas á inclusión dixital que impulse a participación dos axentes sociais e empresariais do concello onde ten a sede e que fomente a participación dos seus habitantes como voluntariados dixitais no Plan de Inclusión Dixital de Galicia.
En concreto para 2017 a Aula CeMIT da Deputación deberá dar resposta ás necesidades identificadas nos ámbitos de alfabetización e capacitación, en particular actividades para dotar a poboación de coñecementos e capacidades dixitais. Así mesmo, desenvolverá actuacións que permitan impulsar e fomentar a participación e colaboración de ONG, asociacións empresariais, entidade de voluntariado, etc, no desenvolvemento de actividades de inclusión dixital.
AMTEGA recoñece como aula de referencia o espazo CeMIT da Deputación de Pontevedra
Compartir Este Artigo

