Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HackforGood reúne no Campus de Vigo 80 hackers solidarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

HackforGood reúne no Campus de Vigo 80 hackers solidarios

Redacción
Publicado: 10/03/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_hackforgood_2017.jpgEstes días celébrase no Campus de Vigo a edición galega de HackforGood (a terceira), o maratón de desenvolvedores e hackers unidos, nun mesmo emprazamento e nas condicións máis axeitadas de colaboración, para atoparen solucións, servizos e aplicacións que contribúan a un mundo mellor e máis igualitario (hacking en clave positiva e solidaria). No evento estanse a reunir máis de 80 estudantes. Durante tres xornadas traballan na “creación de apps que fagan uso masivo de datos e teñan un grande impacto social”, sinala a Universidade de Vigo, engadindo que a finalidade “é responder a retos globais previamente rexistrados dende calquera parte de España”. A iniciativa, que arrancou onte xoves, está promovida por Telefónica, xunto coa ETSI de Telecomunicación da Politécnica de Madrid, a Fundación HazloPosible e a firma innovadora MashmeTV, co apoio da Rede de Cátedras Telefónica, entre elas, a da Universidade de Vigo.
Este venres levouse a cabo o acto institucional de inauguración no edificio Miralles coa participación do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e da directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez. Esta última explicou que no evento “participan 1.200 alumnos de 22 universidades reunidos en 14 sedes en toda España”, e animou aos asistentes a seguir sendo hackers “bos, audaces e solidarios” e a “traballar con entusiasmo nestes tres días e sacar o máximo partido a este tipo de iniciativas, que teñen moitísima repercusión social e moita aceptación”.
uvigo_hackforgood_participantes.jpgPola súa banda, o reitor da Universidade, Salustiano Mato, agradeceu o “apoio e confianza” de Telefónica para o “talento que xurde da nosa Universidade a través da cátedra Telefónica” e destacou igualmente a importante implicación do alumnado.
Os 16 grupos de traballo que participan ata mañá sábado no HackforGood en Vigo compiten tanto polos premios locais (2.000 euros entre os tres mellores de cada sede) como globais (8.000 euros entre os tres mellores), os de continuidade e os temáticos, que no caso de Vigo serán Premio á Innovación, á Innovación Enerxética e ao Desenvolvemento Sostible. Para chegar a ser un dos gañadores, o equipos deberán propoñer solucións innovadoras a retos sociais e deben ser quen de presentar en sociedade este sábado nun vídeo de dous minutos.
De xeito complementario ás horas de traballo participarán en obradoiros e relatorios, entre eles o de Chema Alonso, chief data officer de Telefónica, que participou a través de videoconferencia. Ademais, para axudar aos estudantes a desenvolver as súas ideas, contan coa axuda dun equipo de docentes da Universidade de diversas disciplinas, dende enxeñaría, a mercadotecnia, comunicación ou informática.
Os premios coñeceranse este sábado ás 17.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?