Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A medade dos galegos de entre 55 e 64 anos emprega Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A medade dos galegos de entre 55 e 64 anos emprega Internet

Redacción
Publicado: 13/03/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tableta_maior-2.jpgO Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) vén de presentar unha nova investigación que avalía o “aquí” e o “agora” unha das cuestións tecnolóxico-dixitais galegas de meirande complexidade e que máis desafíos e propostas de resolución xera ao seu arredor: a cuestión dos maiores e as novas tecnoloxías. Dous conceptos sobre os que se leva traballando dende hai anos, para evitar na medida do posible unha fenda que os afaste. Porén, o estudo Os Maiores e as TIC fornece unha serie de datos positivos e reflicte un crecemento en certos parámetros importantes. Por exemplo, que a metade das galegas e os galegos con idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, “fronte a un 29,4% que afirmaron utilizalo no ano 2012”. Queda moito por facer? Sen dúbida, sobre todo se comparabamos estes niveis de uso cos restantes grupos de idade.
Porén, no estudo de OSIMGA saliéntase que mesmo medrou a taxa de persoas de idades comprendidas entre os 65 e os 74 anos que usan Internet. Esta porcentaxe está hoxe en día no 21%, sinálase no estudo do observatorio OSIMGA, unha entidade dependente da axencia galega AMTEGA.
A investigación fornece en primeiro lugar unha serie de informacións relevantes sobre como determina o feito de estar ou non na Rede o lugar onde vivimos. Así, sinálase que nos núcleos de máis de 50.000 as persoas de 55 a 64 anos que usan internet supoñen máis do dobre que as que viven en núcleos de menos de 5.000 (64,4% fronte ao 30,1%). No caso dos maiores de 65 a 74 anos, os que viven en concellos de máis de 50.000 habitantes quintuplican no uso da Rede aos que viven en núcleos con menos de 5.000 persoas (37% fronte ao 7,4%).
Segundo se sinala no informe, “a panorámica xeral observada no uso de Internet reprodúcese tamén no uso do ordenador”. Deste xeito, “o emprego de computador ordenador increméntase entre os maiores, especialmente entre os que teñen de 55 a 64 anos, que se aproxima ao 48%”.
A investigación tamén sinala que o tamaño do hábitat “incide claramente no uso do ordenador entre os maiores”, incrementándose o uso do ordenador a medida que o fai o tamaño do concello con valores moi semellantes aos rexistrados no uso de Internet. Desta maneira, o 64,6% das persoas de entre 55 e 64 anos que viven en concellos de máis de 50.000 habitantes usan internet fronte ao 29,9% dos que viven en núcleos de menos de 5.000 habitantes. No caso dos maiores de 65 a 74 anos, estas porcentaxes son do 35,9% en municipios de máis de 50.000 persoas e do 8% no de menos de 5.000.
En relación ás compras a través de Internet, a media galega rexistra porcentaxes baixas, especialmente entre os maiores de 64 a 75 anos. De feito, “só un 7,9% dos galegos de 55 a 74 anos realizou compras a través de Internet nos últimos tres meses”. Estas taxas son moito semellantes ás do conxunto do Estado. Porén, máis da metade (54%) dos internautas de 55 a 74 anos empregou Internet para relacionarse coas administracións públicas e nos concellos con máis de 20.000 habitantes, a porcentaxe de internautas de 55 a 64 anos que interacciona coas institucións no ámbito dixital supera xa o 60%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?