A Cidade da Cultura acollerá o 23 e 24 de marzo o II Encontro de Cooperación para o Desenvolvemento da Administración Electrónica: Un compromiso conxunto cara aos cidadáns, unha proposta organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e o Consello Superior de Letrados e avogados de Comunidades Autónomas.
Indo á xuntanza en cuestión, dicir que está dirixida a profesionais do sector público e contará cunha charla coloquio e sete mesas de debate, abranguendo a temática xurdida do impacto da nova normativo en materia de Administración Electrónica no funcionamento das Administracións Públicas, así como as liñas de colaboración entre as distintas administracións, que permitirán unificar esforzos no desenvolvemento da Administración Electrónica. Asemade, a cita servirá tamén para establecer un foro no que debater aspectos da actualidade no eido da Administración Pública.
Alén das mesas de debate, as xornadas contarán cun espazo para difundir os servizos dixitais que teñen a súa disposición os cidadáns. Así, nos postos da AMTEGA, o seu persoal (e o das deputacións) explicará e poderá dar de alta en diferentes servizos aos interesados en incorporarse ao uso da Administración dixital.
A inscrición, que é de balde, pode formalizarse a través do portal da AMTEGA e do de Eido Local, onde tamén está publicado o programa das xornadas.
A Cidade da Cultura dará acubillo ao segundo encontro galego sobre eAdministración
Compartir Este Artigo


