Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanxenxo acolle unha xornada sobre a dixitalización do sector turístico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Sanxenxo acolle unha xornada sobre a dixitalización do sector turístico

Redacción
Publicado: 13/03/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

reacciona_tic_turismo_sanxenxo.jpgO IGAPE e a AMTEGA veñen de activar a segunda convocatoria do ano 2017 para a solicitude dos servizos do programa ReAcciona TIC, que permanecerá aberta ata o vindeiro 31 de maio, coa finalidade de dar a coñecer as vantaxes que esta iniciativa pode achegarlles ás PEME. Ambas entidades están a organizar un ciclo de xornadas sectoriais que comeza o próximo 15 de marzo, nas instalacións do Auditorio Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, cun evento sobre A dixitalización do turismo e os seus desafíos.
A xornada do programa ReAcciona TIC sobre o sector turístico incluirá un relatorio sobre as claves da campaña Presume Galicia, por conta de Tono Mugico, CEO de Mr. Turismo, Marketing en Acción, xunto cun caso de éxito de Re-acciona da man de Nabia Naviera, onde a xerente, María Jesús Otero Acuña, contará a súa experiencia co programa. Tras estes dous relatorios, procederase á presentación dos servizos de Re-acciona TIC para o fomento da economía dixital nas PEME. O evento pecharase cunha rolda de preguntas e unha sesión de networking para as persoas asistentes.
As xornadas sectoriais sobre o programa ReAcciona TIC, cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, están especialmente dirixidas a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas (xerencia, compras, produción, finanzas etc.) de calquera sector. Para asistir cómpre inscribirse no enderezo de correo electrónico comunicacion@reacciona.igape.com ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).
Estes encontros sectoriais levaranse a cabo entre os meses de marzo e maio en horario de mañá, de 10:00 a 11:30, e incluirán un relatorio marco protagonizado por unha empresa do sector protagonista e contarán coa experiencia concreta dunha empresa beneficiaria do programa Re-acciona.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?