Santiago Centro Área Comercial organiza esta tarde unha xornada de formación sobre os novos métodos de pago a través do teléfono móbil. A actividade levarase a cabo no salón de actos do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 16), a partir das 20.30 horas. A cita informativa (e formativa) está dirixida principalmente a comerciantes e hostaleiros da contorna do Ensanche compostelán. A asistencia é libre e gratuíta. A charla insírese no ciclo O comercio que vén, impulsado pola entidade Santiago Centro. Conducirá a xornada Iago Varela, enxeñeiro de telecomunicacións e blogueiro tecnolóxico especializado en telefonía e novas tecnoloxías da información, amais de ser o responsable da web Mallando no Android.
Na súa intervención falará de pago a través de móbil (smartphones, tabletas, etc), das diferentes tecnoloxías existentes na actualidade e da súa implantación, e mostrará os distintos tipos de solucións e posibilidades para comerciantes e usuarios.
O pago cos móbiles, ao detalle hoxe en Compostela da man de Iago Varela
Compartir Este Artigo

