Este venres 31 arrinca finalmente o I Congreso Internacional de Drones de Galicia, mantendo abertas as súas portas (en diferentes escenarios ourensáns) ata o 2 de abril. O evento será inaugurado a primeira hora da mañá polo conselleiro de Economía, Francisco Conde, e máis polo alcalde Jesús Vázquez. Segundo fai saber a organización do evento (a Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións, AGGETT), as máis modernas aplicacións ao servizo deste sector ou as últimas novidades lexislativas, a investigación, os organismos implicados na seguridade, ou empresas que están a proxectar o uso de drons para distintas actividades… todo terá cabida nos dous días de relatorios e mesas redondas (venres e sábado en Expourense) e nunha última xornada para ver os vehículos aéreos non tripulados en acción, na carreira e no obradoiro, con figuras e pilotos de primeiro nivel (domingo no Paco Paz).
A primeira visita de mañá venres, correrá a cargo do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado do alcalde de Oruense, Jesús Vázquez e Marisol Díaz, delegada provincial da Xunta, que acudirán ás 9 da mañá, coincidindo coa apertura de portas ao público.
As primeiras mesas redondas desenvolveranse ás 10 e 11 da mañá, para deixar paso á inauguración por parte de representantes do sector, da universidade e dos colexios oficiais e asociacións oficiais de enxeñeiros de Telecomunicacións, acompañados das autoridades locais e provinciais.
Abre as súas portas este venres o Congreso Internacional de Drons
Compartir Este Artigo

